Especial
Festas da Peregrina en Pontevedra
A xornalista Noelia Otero presenta en directo este especial.
A través de diversas reportaxes e conexións en directo, podemos gozar dos momentos máis característicos destas celebracións e coñecer de preto o ambiente que se crea con motivo dos touros e as súas peñas. A carroza procesional para a ofrenda floral, os pasacalles, as charangas e os concertos ao aire libre actúan como preludio ao espectáculo de lumes de artificio que ten lugar na xornada inaugural desta festividade no embarcadoiro das Crovaceiras.
Ademais, temos a oportunidade de asistir a concertos de grandes artistas como son Luz Casal ou Los Panchos. Este especial da TVG fala con eles e os seus seareiros. amais de vivir o ambiente festivo por diferentes rúas da cidade con motivo da Batalla das Flores, a Feira do Mel, os espectáculos de Maxia ou Festival Infantil que conta con artistas convidados como a coñecida Uxía Senlle, Magín Blanco ou Pablo Díaz.
Nestas festas tamén teñen un oco destacado os coñecidos Cantos de Taberna, que pola noite anegan os bares do centro histórico de Pontevedra da man de Maravallada e Os Regatos, e San Roque, motivo polo cal nos o equipo deste especial da Galega desprázase fóra do centro da cidade para coñecer de preto os preparativos nas vilas de arredor para homenaxear o seu patrón.