Sopa de festa
Festa dos Callos de Vilanova de Arousa
22/01/2017 11:40 h
“Sopa de Festa" lévanos á Festa dos Callos de Vilanova de Arousa. As cámaras do programa seguiron todo canto aconteceu neste evento que segundo a tradición vai ligado á romaría de San Amaro, unha celebración relixiosa e gastronómica que cada ano conta con multitude de participantes.
Os reporteiros pasaron o día de festa con todos os veciños e visitantes que se achegaron a Vilanova para degustar unha ración de callos na carpa instalada para a ocasión ou nalgún dos establecementos que ese día ofreceron este prato no seu menú.
Vilanova de Arousa é a última parada do programa que percorre as festas gastronómicas de Galicia, converténdose na mellor guía para os amantes da boa mesa.