Sopa de festa
Festa dos callos de Salceda de Caselas
05/09/2016 22:30 h
O equipo de reporteiros de “Sopa de Festa” está na XXIV Festa dos Callos de Salceda de Caselas. Unha celebración que comezou hai 24 anos como un encontro entre veciños e amigos do lugar e que na actualidade é unha das festas gastronómicas con maior afluencia.
As cámaras do programa pasan o día cos cociñeiros e axudantes encargados de preparar centos de quilos de callos, cos organizadores do evento e cos moitos asistentes que se acheguen para comer unha boa ración de callos e gozar da música que ameniza toda a xornada festiva.
A festa é tamén unha boa escusa para coñecer os atractivos turísticos da comarca e do concello.