CRTVG

Buscar

Sopa de festa

Festa dos Callos de Ansemil e Martixe

23/04/2015 22:30 h

“Sopa de Festa”, a cita gastronómica que teñen semanalmente os espectadores da Televisión de Galicia convídaos esta noite á Festa dos Callos de Ansemil e Martixe, dúas parroquias do concello de Silleda que desde hai algúns anos se reúnen para exaltar un dos pratos máis tradicionais da cociña galega: os callos.

O equipo de reporteiros de “Sopa de Festa” amosarán todo canto aconteceu nesta festa. Deste xeito, e para demostrar que así é, as cámaras do programa achegáronse un día antes da celebración ata estas localidades para estar coas cociñeiras encargadas de preparar os moitos quilos de callos que se servirían na celebración.

Ademais dos preparativos, “Sopa de Festa” tomaralle tamén o pulso ao día da celebración. O equipo compartirá cos veciños de Ansemil e Martixe mesa e mantel nesta xornada, onde o bo humor, o bo comer e a música se mesturan. 

Doutro lado, e como xa é habitual no programa, os espectadores da TVG tamén poderán ver a receita de Churra. Nesta ocasión, a colaboradora achegarase ata o restaurante Pontemaceira para preparar con José Mª un bo prato de callos. 

Atopar capítulo por: