CRTVG

Buscar

Sopa de festa

XXIII Feira do queixo de Monterroso

27/10/2014 23:15 h

Os espectadores da Televisión de Galicia volven ter hoxe a oportunidade de ver unha nova entrega do programa “Sopa de Festa” na súa edición de outono. Na edición desta noite, o protagonista será un dos produtos galegos que conta con denominación de orixe, o queixo Arzúa – Ulloa.

 

As cámaras do programa achegáronse ata Monterroso, localidade encargada de celebrar este ano esta tradicional feira do queixo. Desde alí, os espectadores galegos terán ampla información das particularidades e variedades de tipos de queixos que se acollen a esta denominación. Ademais un produtor da zona lles abrirá as portas da súa queixería para que vexan como se elaboran e curan os famosos e saborosos queixos de Arzúa – Ulloa.

 

Neste programa, a cociña virá da man da Casa Róan e a súa cociñeira Pilar Novo elaborará un prato de faceiras acompañado de nabizas e queixo de Arzúa, uns produtos moi galegos e de temporada. 

 

Doutro lado, a audiencia da TVG que non coñeza a comarca terá a oportunidade de ver algunhas das belezas paisaxísticas e arquitectónicas que se asentan nestas terras ao seu paso polo Camiño de Santiago.

 

Por último, e como non podía ser doutro xeito, a troula e a celebración estarán aseguradas polos moitos visitantes e feirantes que acoden cada ano a esta cita festiva. 

 

Atopar capítulo por: