CRTVG

Buscar

Sopa de festa

Festa do queixo de Arzúa

05/03/2015 22:30 h

Hoxe o protagonista será o queixo de Arzúa-Ulloa. Para comezar a falar deste produto, o equipo de “Sopa de Festa” visitará unha queixería familiar que se dedica á súa elaboración. Da man do seu xerente, Nino Pereira, a reporteira Inma Morandeira seguirá todo o proceso de elaboración e as principais características deste queixo con tanta sona, que desde hai 40 anos conta cunha feira propia.

O queixo de Arzúa-Ulloa tamén será protagonista nas propostas de culinarias que ofrecerá esta edición do programa. Así, Churra visitará Casa Chelo, onde preparará con Mª José San Martín unha pescada confeitada con queixo de Arzúa. De sobremesa, Inma Morandeira atreveuse na pastelaría La Esquina a probar unha torta de queixo con cobertura picante que fixo María Quintela. 

Para rematar, as cámaras de “Sopa de Festa” non perderon a visita ao recinto feiral de Arzúa, onde os visitantes puideron gozar a fin de semana pasada dunha chea de actividades e ademais de probar, nos distintos postos, non só o queixo Arzúa-Ulloa, senón tamén outras variedades.

Atopar capítulo por: