Sopa de festa
Festa do Polbo de Mugardos
17/07/2018 23:20 h
Se hai un protagonista absoluto na gastronomía de Mugardos ese é o polbo. Antes de compartir a celebración, as cámaras do programa entraron ata a cociña dun establecemento da zona para coñecer o segredo da receita do polbo á mugardesa, un prato moi propio no establecemento do lugar.
Ademais, o equipo de “Sopa de Festa” comparte a xornada na degustación popular. Veciños e visitantes gozan dun día único de celebración gastronómica cuns bos pratos de polbo e tamén coa música das charangas.