Especial
Festa do Pemento do Couto 2018
20/07/2018 15:30 h
A parroquia naronesa do Couto celebra ano tras ano no mes de xullo a Festa do Pemento, que alcanza nesta ocasión a súa vixésima edición. Antes do xantar, teñen lugar os actos institucionais, coa lectura do pregón, que este ano correu a cargo do enxeñeiro e escritor Xavier Alcalá, e o Xuramento das Novas Damas e Cabaleiros da Orde do Pemento do Couto, así como a concesión do Pemento de Honra. No transcurso da xornada púidose gozar dunha comida popular e dunha actuación musical.