CRTVG

Buscar

Especial

Festa do pemendo do Couto (Narón)

22/07/2017 19:15 h

Os veciños do barrio naronés do Couto renderon homenaxe esta fin de semana ao seu produto estrela: o pemento do Couto. Arredor de 600 persoas puideron degustar “os que non pican” acompañados de churrasco e cachelos. 
O pregoeiro Carlos Rodríguez da Cal, doutor en Botánica, foi o orgulloso encargado de inaugurar esta nova edición, en que Xoán Crujeiras foi nomeado, en representación de todo o grupo Nove, novo membro da Orde do Pemento.
Despois de agardar impacientemente tras as cintas de protección, os comensais ocuparon as mesas dispostas na Carballeira do Couto, onde, ademais de comer, puideron bailar toda a tarde para despedir por todo o alto a cita anual co Pemento do Couto ata o vindeiro ano.

Atopar capítulo por: