CRTVG

Buscar

Especial

Festa do Lacón de Silleda 2018

11/07/2018 00:45 h

Á Festa do Lacón de Silleda vai camiño de ser declarada de Interese Turístico en Galicia e chega este ano ao seu 20º aniversario cun programa cargado de actos e cunha homenaxe a dous restauradores da vila que colaboraron na organización desta cita gastronómica desde a súa orixe. 
É unha das festas máis concorridas da comarca do Deza, onde converxen gastronomía música e, por suposto, a verbena. Cada ano, unhas 2.000 persoas acoden a Silleda para degustar o seu produto por excelencia: o lacón.  Dúas panaderías e unha empresa de embutidos da zona preparan uns 300 lacóns para a festa, que se celebra baixo unha carpa cando cae a noite. O produto pode degustarse cocido ou asado, previa reserva nos locais que colaboran co evento.  Polo día, a comisión de festas organiza unha degustación gratuíta de produtos derivados do lacón. Recheo, con grelos ou queixo, son algunhas das especialidades con mais aceptación entre o público. O grupo de baile Aires do Trasdeza e a Banda de Música de Silleda amenizan a festa durante todo o día. 

Atopar capítulo por: