CRTVG

Buscar

Vaia troula

Vaia Troula: Festa do Corpus

09/06/2015 22:30 h

O equipo de reporteiros de "Vaia Troula" percorrerá tamén outros puntos importantes do Corpus galego. Así, María Carballeira estará en Viveiro e Fátima Mella coñecerá de primeira man os segredos da Festa da Coca de Redondela, onde celebran unha procesión que culmina coa danza das espadas e das penlas. 

Mentres, en Allariz continúan trouleando coa Festa do Boi e o reporteiro Fernando García asistirá a unha desas espectaculares carreiras cheas de paixón e adrenalina. 

“Vaia Troula” tamén estará en Burela para asistir a primeira procesión marítima da Virxe do Carme. Centos de persoas cos sentimentos a flor de pel bótanse ás augas da Mariña lucense para honrar a súa patroa. E todo diante da atenta ollada das cámaras do programa.

O programa seguirá coa súa proposta festeira na parroquia de San Xurxo de Sacos, no concello de Cotobade, onde se celebra desde hai cinco anos a Feira de Cuspedriños, que vén sendo unha recreación do mercado agrícola e de gando que funcionou ata 1967. A Festa do Raxo de Ponteceso e as actuacións das mellores orquestras completan o menú máis trouleiro da Televisión de Galicia para a noite dos martes.  

Atopar capítulo por: