CRTVG

Buscar

Vaia troula

Capítulo 100. Vaia Troula: Festa do Boi en Allariz

02/06/2015 22:00 h

Nesta primeira entrega da nova temporada, Nieves Rodríguez saudará os espectadores desde Allariz, que celebra as súa tradicional Festa do Boi, onde os reporteiros coñecerán polo miúdo a fermosa procesión de Xan de Arzúa e asistirán ás carreiras dos bois.

Pero a troula tamén chegará desde outras celebracións galegas que visitaron ao longo da semana os reporteiros do programa. Así, o espazo da TVG viaxará á localidade de Valga, que retrocedeu dous séculos para conmemorar o 205 aniversario da Batalla de Casal do Eirigo, que tivo lugar dentro da Guerra da Independencia. “Vaia Troula” tamén estará no Fiadeiro de Ramirás, en Ourense, e na Festa da Troita de Ponte Caldelas.

O concello de Salvaterra celebra a súa Festa da Sementeira con orixinais probas e moita troula. Unha boa ocasión para pasalo ben, ao igual que na churrascada da Barcala, en Cambre.

A Festa da Cereixa de Ribas de Sil, a Romaría do Cristo de Xende (A Lama), á que acoden milleiros de devotos, e a Festa das Flores de Curtis completan as propostas do programa número 100 de “Vaia Troula”. 

Atopar capítulo por: