Especial
Festa do Berberecho de Baldaio 2018
24/08/2018 15:30 h
Este ano fai 21 anos desde que a Asociación Deportiva Cultural e Recreativa da vila puxo a primeira pedra dunha festa que xa é referencia en toda a contorna.
O berberecho é o produto estrela da lagoa de Baldaio. Arredor de 900 quilos son os que se consumirán na degustación organizada, onde se poderán saborear cociñados ao vapor, en salsa ou mesmo en empanada. Ademais, os visitantes tamén poderán probar a carne ao caldeiro e o polbo nun ambiente moi festeiro.