Especial
Festa das Cruces de Arante en Ribadeo
10/06/2017 19:45 h
Hai dous séculos, durante a Guerra da Independencia, os veciños de sete parroquias dos concellos de Ribadeo e Trabada foron quen de expulsar as tropas de Napoleón. Este episodio lémbrase cada na ano na “Festa das Cruces de Arante”, unha das celebracións máis senlleiras da Mariña Lucense. O espectacular ondeo do pendón atrae centos de persoas a unha celebración que busca ser declaradada Festa de Interese Turístico de Galicia.