CRTVG

Buscar

Sopa de festa

Festa da uña de San Lázaro

26/03/2015 22:30 h

O popular barrio compostelán celebra desde hai anos a Festa da Uña coincidindo coa celebración relixiosa de San Lázaro. Unha tradición moi asociada a esta festividade, que, ademais de congregar moitos fieis na capela, tamén se xuntan no barrio veciños e visitantes para degustar o tradicional prato de uñas nos locais da zona.

O equipo de “Sopa de Festa” non quixo perder este día e achegouse ata este barrio para compartir a xornada de festa e, como non, probar ao xeito máis tradicional no Restaurante Doña Ana un bo prato de uñas con bertóns, patacas e chourizo.

Doutro lado, Churra tamén ofrecerá unha receita de uñas de porco. Nesta ocasión, os espectadores da Televisión de Galicia poderán ver de que xeito tan peculiar se poden comer as uñas de San Lázaro no restaurante A Casa da Viña, onde prepararán uns saborosos canelóns de uñas de porco. 

Atopar capítulo por: