Aquí Galicia
Festa da Sopa do Burro Canso e Galo Pica no Chan e Muíños Dance
O equipo do “Aquí Galicia” trasládase á provincia de Ourense para coñecer o concello de Muíños nun día en que as súas xentes están inmersas na celebración das súas festas grandes, a Festa da Sopa do Burro Canso e Galo Pica no Chan e o Muíños Dance.
Muíños é todo un referente en natureza e conservación. Visitamos o Complexo Turístico O Corgo, que conta con praias fluviais, embarcadoiros, albergues, piscinas e bungalós, e o Parque Natural do Xurés. E coñecemos o Club Deportivo Muíños de Fútbol e o Club Fontefría de Piragüismo.
O percorrido lévanos ao patrimonio histórico e artístico de Muíños, os seus dolmens, a igrexa Clamadoira, a Aparecida e o santuario dos Milagres de Couso.
No apartado gastronómico, os protagonistas da festa, a sopa do burro canso, o Galo Pica no chan e o becerro do Xurés ao espeto, pasan a un primeiro plano, para achegar distintas receitas e as claves das súas elaboracións. Tamén se goza da bica de Muíños e do xeado de sopas de burro canso para os máis larpeiros.
Amenizan o programa as actuacións da orquestra Nazaret, os grupos de música tradicional Os Retornados e Ordeikí e a recanteira Selene Casal, amais tamén de bailes de salón e danza contemporánea. Complétaranse as propostas desta edición, con conexións en directo cos adestramentos para a terceira edición do Campionato Galego de Carrilanas e coa Expo-Raia Artesanía.