Especial
Festa da Queimada de Cervo 2017
22/08/2017 23:30 h
A Festa da Queimada de Cervo unha amasadora e hoxe é de Interese Turístico Galego. Este ano cumpriu a súa 39ª edición.
Coma cada ano, os asistentes ao mercado tradicional da mañá puideron probar variados manxares e mercar nos postos de artesanía, ademais de rir co pregón das autoridades. Pero desta volta tiveron outro aliciente: no propio mercado, ambientado nos inicios do século XX, desenvolveuse a primeira escena da espectacular peza teatral nocturna previa á degustación, que representa a loita entre o ben e o mal e que ten como protagonistas o lume e as meigas.
Por primeira vez na historia da queimada, o bruxo non puido este ano coas meigas e foi capturado polas mesmas, así que ata o ano que vén non se saberá que foi del.