CRTVG

Buscar

Sopa de festa

Festa da ostra de Arcade

09/04/2015 22:30 h

“Sopa de Festa” ofreceralles esta noite aos espectadores da Televisión de Galicia un programa dedicado a un produto de mar moi prezado polos padais máis exquisitos: as ostras. Ademais, este molusco conta cunha das exaltacións máis tradicionais na nosa comunidade: a festa da ostra de Arcade.

Pero antes de probar as ostras na festa, o equipo do programa amosará todos os pasos para a cría deste manxar. A reporteira Inma Morandeira embarcará cun ostreiro para ir ata unha batea onde se crían as ostras ao longo de varios meses. Previa a esta visita, tamén estará na empresa Remagro, en San Vicente do Grove, onde os biólogos e o xerente lle explicarán como se crían as ostras antes de que os mariñeiros as leven ás bateas.

Sen saír do Grove, Churra cociñará no restaurante Culler de Pau. Xunto ao seu coñecido cociñeiro, Javier Olleros, preparará unhas ostras moi de “alta cociña”, pero sen que perdan todo o seu sabor a mar.

Por último, as cámaras de “Sopa de Festa” non perderán a Festa da Ostra de Arcade. Ao natural, en escabeche ou en empanada foron as distintas receitas que prepararon os organizadores da festa e que os visitantes non dubidaron en probar e dar a súa opinión. 

Atopar capítulo por: