CRTVG

Buscar

Especial

Festa da Maruxaina

11/08/2014 23:15 h

A TVG achegaranos a unha das grandes citas festivas que tiveron lugar en Galicia esta fin de semana pasada. Nesta ocasión, o especial dará conta das variadas actividades que ambientaron a Noite da Maruxaina de Cervo. Conta a lenda que a Maruxaina é un personaxe mitolóxico con aspecto de serea que trata de seducir os mariñeiros coa intención de conducir os seus barcos cara ás rochas, así que os pescadores, coñecedores das súas malas artes, bótanse ao mar nas súas embarcacións para capturala e xulgala. Os espectadores da Galega poderán ver esta noite a representación e os divertidos festexos que viven os maruxainos nesta celebración.

Atopar capítulo por: