Sopa de festa
Festa da Labrada
13/06/2016 23:30 h
Festa da Labrada, unha completa xornada labrega á antiga usanza que fixeron os veciños da parroquia de Fozara, no concello de Ponteareas.
Desde primeiras horas da mañá, o equipo de “Sopa de Festa” achegarase ata esta parroquia para vivir de preto esta xornada labrega. Desde o atado dos bois ao carro e a carga dos apeiros de labranza necesarios ata colaborar con eles no arado da terra e a sementeira serán algunha das actividades que poderán ver os espectadores da Televisión de Galicia, moitos dos cales seguro que lembrarán de como se facía.