CRTVG

Buscar

Especial

Festa da Bica de Trives 2018

31/07/2018 23:45 h

A Pobra de Trives é ben coñecida por elaborar unha das sobremesas máis saborosas e típicas da nosa terra, a bica. Este ano celebran os 45 anos da festa que exalta este doce. As rúas da vila énchense de música cun desfile de bandas de gaitas que dá comezo á festa, ademais dun mercado de artesáns en que se poden probar diferentes propostas da típica sobremesa.
No xantar que se celebra na praza de Abastos, sírvense máis de tres mil racións de bica para medio milleiro de asistentes. Os comensais poden degustar tamén, empanada, polbo á feira e carne ao caldeiro. 
Antes da festa, A TVG achégase a un dos fornos da vila, que nestes días manteñen os fogóns a bo ritmo, para saber cal é o segredo para preparar esta sobremesa galega por excelencia.

Atopar capítulo por: