CRTVG

Buscar

Documental

Ferrín arraiano

11/10/2022 23:50 h

Xosé Luís Méndez Ferrín e Aser Álvarez, o director desta curtametraxe documental, coñecéronse persoalmente en Vilanova dos Infantes, Ourense, na casa familiar do autor, hai máis de vinte anos. Alí forxouse unha fonda amizade que perdura no tempo e que mesmo é o punto de partida desta peza audiovisual, en que Ferrín fala sobre a súa vida, a súa obra e tamén sobre as cousas que máis lle interesan. Unha desas teimas é a Raia Seca, un territorio borroso onde se localizan os relatos da súa obra 'Arraianos', unha das obras mestras dun grande autor que leva toda a súa carreira literaria cruzando fronteiras, consciente de que na raia sempre acontecen as cousas interesantes porque o sentido da vida é cruzar fronteiras. E por iso este documental, chamado 'Ferrín arraiano'.

Atopar capítulo por: