CRTVG

Buscar

No mellor da vida

Fernando de Vigo e María Xosé dos Condes

31/03/2016 23:45 h

“No Mellor da Vida” estará esta semana en Vigo con Fernando, un dos casos máis espectaculares do programa. Este home fai todo tipo de emocionantes e arriscadas actividades: ir á compra, visitar obras... Á parte diso, aínda que menos importante, tamén é piloto de avioneta.
Por outro lado, no karaoke dos Condes, os espectadores coñecerán a Mª Xosé, toda unha artistaza que ademais se quere converter en actriz de dobraxe. Para facer realidade o seu soño, o espazo da Galega contará coa colaboración dun dos actores de dobraxe galegos máis importantes, que lle dará unha clase maxistral.

Atopar capítulo por: