CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Feira do libro / Jazz latino / Paula Rego / Soledad Pite / Chelo Matesanz

22/04/2014 21:00 h

A artista cántabra Chelo Matesanz, unha das máis singulares da súa xeración, vinculada desde hai moitos anos a Galicia, será este martes a convidada do programa “ZigZag Diario”. Esta profesora da Facultade de Belas Artes de Pontevedra falará da exposición “Mis cosas en observación”, que revisa no CGAC unha traxectoria de 25 anos dedicados a investigar e a producir arte. A mostra inclúe instalacións, vídeos, debuxos, colaxes, obxectos e materiais que favorecen a intervención emocional do visitante.

Os espectadores da tvG2 tamén se poderán achegar hoxe á traxectoria artística da pintora figurativa portuguesa Paula Rego, unha das voces máis influentes do panorama internacional. O MAC da Coruña presenta, por vez primeira en Galicia, a mostra retrospectiva “Fábulas reales”, que reúne as súas pinturas máis emblemáticas, como os acrílicos de gran formato, sen esquecer os seus pasteis, así como os seus inquietantes debuxos.

Atopar capítulo por: