CRTVG

Buscar

Onde collen dous...

Familias Álvarez Pereira, Fernández, Follarín e Nieves Ordóñez

08/08/2018 23:15 h

Os Álvarez Pereira van saber se é neno ou nena o quinto membro da familia que está a piques de chegar. A súa casa estase a preparar para o seu novo status de familia numerosa. Máis ou menos, as dúas irmás están emocionadas coa nova chegada...
A segunda parada é en Santiago de Compostela, onde vive a familia Fernández, un clan presidido por María del Carmen, de 35 anos, e os seus cinco fillos, de entre 19 e 2 anos. Despois dunha dura época de malos tratos, “Onde Collen Dous” comproba como María del Carmen saca forzas para loitar día a día polos seus fillos. En Rianxo vive a familia Follarín. Un clan cun sentido do humor fóra do común e para o que a música é todo un xeito de vida, xa que o pai dos Vázquez Pombo é cantante de orquestra. As ausencias, as xiras e a cara b dos escenarios son cousas que ben coñece esta familia de artistas. 
A última cita da noite é en Maside, en Ourense, onde encontramos a familia Nieves Ordóñez. Patricia deixou un traballo estable de educadora para encargarse ao 100% de Naia, a pequena da casa, e tanto ela como o seu home, Víctor, decidiron volver á vila natal materna para poder ter máis preto aos seus. Esta familia de roqueiros comparte moito máis que o ADN: a súa paixón pola música.

Atopar capítulo por: