CRTVG

Buscar

Entre familias anda o xogo

Familias Aguiar, Barroso e Comesaña

17/05/2014 22:00 h

 Os irmáns Aguiar proceden de Vila de Cruces. Rocío e Asier, de 22 e 19 anos respectivamente, veñen concursar para instalar armarios encaixados na casa dos avós maternos.

 Desde O Carballiño chegan os Barroso, unha familia que organiza en Maside a festa do cabalo máis antiga de Galicia, que ten gran sona e á que acode xente de toda a comunidade, mesmo de Asturias e Portugal. Esta familia, representada en “Entre familias anda o xogo” por un tío e unha sobriña, ten como obxectivo conseguir unha axuda económica para custear a festa.

 Finalmente, as irmás Comesaña, que chegan desde Nigrán, son unhas xubiladas, de 62 e 67 anos respectivamente, que forman parte da coral Stella Maris. O seu premio desexado é un equipo de son para a coral, xa que o necesitan para actuar.

Atopar capítulo por: