CRTVG

Buscar

Álbum de viaxe

Familia López Cortón

28/07/2018 19:40 h

Desde Lugo ata Lalín, o quilómetro cero de Galicia. Este é o divertido e fascinante itinerario, cheo de encontros e actividades sorprendentes, que emprende a familia López Cortón, composta por catro membros.
Manuel, Ana, Álex e María comezan a súa aventura no mosteiro de Carboeiro, en Silleda. A continuación, a familia viaxa ata a parroquía de Prado, en Lalín, para coñecer o pazo de Liñares. A media mañá, no faiado do edificio, asisten a unha representación do “Barriga Verde” de Manuel María da man de Viravolta Títeres. Anxo, membro da compañía, acompáñaos polo Museo Galego da Marioneta.
En Mouriscade coñecen a Silvia e reciben unha clase de monta no Club Hípico Juan Oliveira. No Museo Etnográfico Casa do Patrón, participan nun obradoiro tradicional de pan do país. Logo de pasar a noite nunha casa rural en Cortegada, teñen un encontro cos Xenerais da Ulla e co "vello dos cornos" en Vila de Cruces. Despois de xantar un cocido, pasean polas rúas de Lalín en compañía de Sixto.
O concurso final desenvólvese no Castro Tecnolóxico.

Atopar capítulo por: