CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Familia Caamagno, Pantis, Webb Wilder e The Good Company

06/04/2016 21:00 h

“ZigZag Diario” contará hoxe coa presenza de Lano Caamagno, do grupo Familia Caamagno. Esta banda ten unha imaxe que mestura o garage sesenteiro, o rock and roll e letras brutais. O seu último disco titúlase “Para unha vez que saímos”.
As notas seguirán soando no programa con varias propostas de música en directo, entre as que destaca a do grupo Pantis. Seguidamente, Moncho Lemos rescatará a Webb Wilder. O cantante americano, estrela do rock, mesturado co blues, vén por primeira vez a España cun concerto en Galicia. 
Outra das propostas de música en directo é The Good Company, banda que presenta dous concertos en Galicia e cun disco baseado no libro “Walden” de Thoreau. 

Atopar capítulo por: