CRTVG

Buscar

Álbum de viaxe

Familia Baizán Canosa

30/06/2018 20:15 h

A familia Baizán Canosa, composta por oito membros, que se define como unha familia divertida, unida e aventureira, viaxadesde Cambre, na Coruña, ata as Rías Baixas, nun divertido e fascinante itinerario cheo de encontros e actividades sorprendentes. 
Os máis pequenos da familia, Carlos e Carolina, de 6 e 5 anos, quedan a fin de semana na casa, mentres que Arantxa e Vicente (os pais), Jorge e Marta (os fillos maiores) e os xemelgos Arancha e Santi comezan a súa aventura no Pazo de Rubiáns, onde os agarda a presentadora do programa, Melania Cruz. 
A continuación, a familia goza dun percorrido guiado polo pazo en compañía do enxeñeiro do Pazo, Guillermo Hermo. Alí abrazan o eucalipto máis grande do mundo e vendiman no viñedo máis extenso da comarca do Salnés. 
Tamén visitan a feira de Vilagarcía, onde a Asociación O Souto de Rubiáns canta e baila para eles, e entran, na compaña de Ángela Fernández, no conxunto histórico-artístico de Vista Alegre. 
O percorrido segue polo ecoparque multiaventura Atalaia, onde disputan unha divertida e emocionante partida de paintball e teñen tempo para montar a cabalo. 
O domingo pola mañá, a familia desprázase ata o Campo de Golf de Meis para recibir unha maxistral clase de golf da man de Javier González. Xa pola tarde, visitan o parque da Arte Rupestre de Campo Lameiro , onde os arqueólogos Leo e Benito os guían pola idade do bronce. O concurso final é nas instalacións do propio parque. 

Atopar capítulo por: