Falámolo
Falámolo: Familias de adopción (22/03/2012)
Adoptar un neno reborda o feito mesmo de ser pai para se converter nun acto solidario, directamente relacionado con protexer a infancia en situación de desprotección e desamparo, por iso o debate social desta noite analizará que responsabilidades, coidados e comportamentos asume unha familia cun neno adoptado, así como que problemas de adaptación van ter estes nenos na familia de adopción, na escola e na sociedade á que se incorporan.
Para abordar a adopción desde distintos ángulos, coa axuda de especialistas e protagonistas, o programa de debate, que presenta Victoria Rodríguez, contará no estudio coa presenza de Enrique Pérez Pérez, técnico do Servizo de Adopcións de Benestar Social da Xunta; Juan Gaisse Fariña, pai de tres nenos adoptados e vogal da Asociación Galega de Axuda á Adopción (MANAIA), e Magdalena Otero Martínez, psicóloga, codirectora do estudo de psicoloxía “Paradoxo”, especializado en acollemento e adopcións.