CRTVG

Buscar

Falámolo

Falámolo: Os abusos a menores (09/11/2011)

10/11/2011 01:00 h

Un tema sensible que causa cada vez un maior estupor e alarma na sociedade, como son os menores acosados e os abusos sexuais, centrará o novo debate social no estudio de “Falámolo”, habida conta dos datos arrepiantes recollidos pola Asociación para a Sanación e Prevención dos Abusos Sexuais na Infancia de que “en España, unha de cada catro nenas e un de cada sete nenos son vítimas de abusos sexuais antes de ter cumpridos os 17 anos” e que a maior parte destes se producen no seo da familia ou en círculos moi próximos á contorna familiar.

     Para analizar como se produce esta violencia e maltrato infantil, o estudio do programa, que presenta Victoria Rodríguez, recibirá os expertos na materia Nuria Pereira Martínez, directora do Instituto Europeo “Campus Stellae”; Carmen Clavería, psicóloga clínica, e Estrela Gómez, coordinadora da Asociación Galega contra o Maltrato a Menores.    
    

 

Atopar capítulo por: