Zigzag diario
“Fala a terra desta miña terra” de Margarita Ledo e o Festival de Cans
19/05/2016 21:00 h
A sétima arte terá un lugar especial no programa, e por iso hoxe entrevistan a Xosé Luís Ledo , que virá falar da reedición do documental “Fala a terra desta miña terra” de Margarita Ledo. Un documental no que o homenaxeado este ano nas nosas letras, Manuel María, é o protagonista.
E de cine seguirá o asunto, xa que hoxe contan con dúas reportaxes nas que falan do Festival de Cans. Por unha banda falaron con Alfonso Pato das novidades do programa e pola outra cun dos directores que presenta curta neste festival do Porriño, Guillermo Arias Carbajal.