Facendo o Camiño
Facendo o camiño (3)
A terceira entrega do documental “Facendo o Camiño” ocúpase das reviravoltas da rodaxe e os verdadeiros acontecementos históricos da terceira entrega da serie “O Final do Camiño”. Cristina Castaño, que interpreta a Constanza de Borgoña, e Asier Etxeandía, que da vida a Alfonso VI, falan da axitada vida amorosa destes personaxes. Antonio Durán “Morris”, que interpreta ao relixioso Odamiro, e Manuel de Blas, que encarna ao médico encarcerado polas súas prácticas de sanación, contrarias aos preceptos da Igrexa católica naquel momento, descobren os perigos de practicar medicina nunha Idade Media dominada polo cristianismo radical e as crenzas pagás.
Juan Fernández, o bispo Peláez; Antonio Velázquez, Gonzalo, e Carlos Villarino, Don García, transportan ao espectador a unha Galicia que aspiraba a coroar ao seu propio rei. Todo iso, mantendo o rigor histórico grazas aos apuntamentos dos asesores da serie: o profesor de historia medieval José Miguel Andrade e a reputada arqueóloga Sonia García.