CRTVG

Buscar

Facendo o Camiño

Facendo o camiño (1)

11/01/2017 23:30 h

A serie documental “Facendo o Camiño” profunda nos acontecementos e personaxes vinculados á construción da catedral de Santiago. Emítese despois da ficción “O final do Camiño” para que o espectador poida poñer contexto histórico á serie de xeito lúdico. 
Os propios protagonistas de “O final do Camiño” encárganse de comentar os personaxes que interpretan. Asier Etxeandia, Cristina Castaño, Maxi Iglesias ou Juan Fernández falarán dos personaxes aos que dan vida coma o rei Afonso VI, a raíña Constanza de Borgoña, Alfonso de Aragón ou o bispo de Compostela Diego Peláez. 
Ademais, os asesores históricos da serie, José Miguel Andrade, profesor de Historia Medieval da Universidade de Santiago, e Sonia García, afamada arqueóloga, transportan os espectadores á España do século XI, mantendo en todo momento o rigor histórico e matizando as pequenas licenzas que se tomaron á hora de realizar a serie.  
A serie documental tamén dá a coñecer detalles propios da ficción como o proceso de construción de decorados, as localizacións galegas elididas para ambientar a ficción ou o proceso de caracterización dos personaxes.

Atopar capítulo por: