Estache bo!
Fabas loba con cocochas e mexillóns
Ingredientes:
350 gr de faba loba 300 gr de cocochas 1 kg de mexillóns para cocer 1 cebola 1⁄2 pemento vermello 1⁄2 pemento verde 2 tomates 1⁄2 cunca de viño branco 1 folla de loureiro 1 dente de allo Caldo de peixe Sal Pemento AOVE Fariña 2 ovos Perexil
Elaboración:
Para a tarteira de fabas loba con cocochas, cocemos as fabas durante 40 minu- tos, escoámolas e reservamos. Abrimos os mexillóns con media cunca de viño e reservamos. Nunha tarteira rustrimos as verduras, incorporamos o pemento doce, o tomate e o viño branco. Deixamos cocer 5 minutos e pasámolo polo pasador de puré. Envorcamos as fabas na tarteira, as cocochas, os mexillóns, a salsa e cubrimos ca auga do mexillón e o caldo do peixe. Cocemos 3 minutos, empratamos e listo para comer...!!!
Hoxe, o noso reporteiro recadeiro visitará en Pontevedra a Jacobe García, socio da empresa Alcrique, quen nos falará do produto estrela de hoxe