CRTVG

Buscar

Especial

Eu quero San Benitiño

14/07/2021 22:30 h

As reporteiras do programa, Adela Bértolo, Laura Vaqueiro, María Rial e Belén Vara, serán as encargadas de facer este percorrido tan trouleiro. Para comezar estarán na romaría de San Benitiño de Lérez, en Pontevedra. Os fieis acoden ao santuario para mercar o aceite milagreiro e así poder curar as súas espullas. Pero tamén gozan do ambiente dunha romaría que se celebra nun fermoso entorno. Na romaría de Lérez tamén coñecerán aos "Alegres de Pontevedra", o grupo folclórico máis antigo de Galicia.

A continuación visitarán a romaría de San Bieito de Cova do Lobo, no concello ourensán de Barbadás. Alí compartirán festa cos que acoden a pé e tamén descubrirán os segredos do "Tangaraño", unha rocha milagreira que ten unha tradición de séculos.

O programa do mércores pola noite tamén estará en Gondomar para vivir unha das celebracións de San Benitiño máis importantes de Galicia. E na parroquia de Matalobos, no concello da Estrada, as reporteiras participarán nas tradicionais poxas de polos benditos. Nestas datas o concello pontevedrés de Meis tamén celebra o San Bieito cunha ruta de callos que atrae a veciños de toda a contorna.

Atopar capítulo por: