CRTVG

Buscar

Especial

Eu quero salmón

26/05/2021 22:30 h

As reporteiras do programa, Adela Bértolo, Fátima Mella, María Rial e Rocío Candal, irán de pesca, comerán salmón cociñado de ducias de formas distintas, e pasarán polas vilas nas que este peixe é algo máis que un peixe.

Ese é o caso do concello pontevedrés da Estrada, onde celebran a súa tradicional festa do salmón. Alí dedicarán un día a comer tapas de salmón e tamén haberá concertos e moita troula polas rúas. As reporteiras amosarán como preparar unha deliciosa empanada de salmón, estarán con algúns dos premiados co "salmón de ouro" da Estrada, viaxarán a Ourense para descubrir os "templos" do salmón da cidade das Burgas, e pasarán polo concello da Pontenova para compartir xornada de pesca con "salmoneiros" galegos e asturianos.

Atopar capítulo por: