Especial
Eu quero viño
Para comezar as reporteiras do programa están con Xurxo Rivas, un experto en viños da Coruña, que fará un breve repaso polas cinco D.O. que hai en Galicia. E despois saíran pola zona vella da cidade herculina para gozar do ambiente dos viños.
O percorrido do programa do mércores á noite continuará en Ribadavia onde, despois de dous anos, volven celebrar a súa prestixiosa Feira do Viño do Ribeiro. A continuación as reporteiras estarán na zona das Rías Baixas para descubrir todos os segredos da uva con máis sona de Galicia: o Albariño.
Despois viaxarán á comarca de Monterrei para gozar do sabor dos viños da zona e comer unha tapiña de polbo na feira de Verín. E haberá máis, porque as cámaras de "Eu quero viño" tamén farán parada na Rúa e no Barco de Valdeorras. Alí coñeceremos en profundidade os viños de Valdeorras e tamén bailaremos ao son da banda de gaitas Abertal. A espectacular Ribeira Sacra, famosa polas súas paisaxes e os viños elaborados con uva mencía, será outro dos lugares que visitarán as reporteiras do programa.