CRTVG

Buscar

Galicia de 20 a 20

Etapa 6: Mondoñedo - Lugo

03/12/2022 19:15 h

Nesta etapa da viaxe comezaremos o noso percorrido pola provincia de Lugo e faremolo polo norte, por Mondoñedo. Alí visitaremos o barrio dos Muíños, que era o corazón da artesanía local cando Ruth chegou á vila.

Nós comprobaremos como mudou este barrio en cen anos con Pepe Bouso, o taberneiro de O’Valeco; co canteiro Nando Vilariño; os oleiros Marcelo Scapinachis e María Juncal, e o monicrequeiro Ton Rodríguez.

Despois iremos a Lugo, onde Ruth e seu pai Alfred Anderson foron retratados por un fotógrafo ambulante. Nós repetiremos esta foto con Lab on Wheels, o laboratorio de fotografía ambulante de Dani López e Verónica Alfonso que empregan a técnica do colodión húmido para facer uns retratos incribles!

Sairemos da cidade para coñecer a Cecilio Meilán, un veciño de Monterroso que recoñeceu a seu pai nunha fotografía de Ruth. Neste punto da viaxe, faremos unha paradiña no camiño para falar con Patrick Lenaghan, conservador xefe de Gravados e Fotografías da Hispanic Society of America, así como unha das persoas que máis sabe sobre Ruth Matilda.

Remataremos o capítulo en Sarria, falando con José María Díaz, un afeccionado á fotografía de comezos do século XX que custodia orixinais de fotógrafos como Pedro Ferrer.

Atopar capítulo por: