CRTVG

Buscar

Galicia de 20 a 20

Etapa 5: Buño-Sada

26/11/2022 19:15 h

Chegamos ao ecuador do programa e facémolo dende Buño, onde Ruth inmortalizou unha familia de oleiros. Cen anos despois, os descendentes continúan dedicándose a este oficio, polo que nos achegaremos a coñecer a Gonzalo e Aparicio Añón.

Despois colleremos rumbo cara á Coruña, onde visitaremos o Atelier de Macarena Garay e Pep Ramos, un taller onde a fotografía analóxica segue moi viva. Eles conseguíronnos unha cámara moi similar a unha das que empregou a fotógrafa americana na súa primeira expedición por Galicia.

Así que percorreremos a cidade con esta cámara para vela Coruña igual que a veu Ruth no seu día. A mirada de Ruth tamén será un dos temas centrais na nosa conversa con Miguel Anxo Seixas, historiador e comisario de 'Unha mirada de antano', a exposición de Afundación que levou as fotos de Ruth por toda Galicia.

Deixaremos A Coruña para ir á feira de Betanzos, igual que fixo ela hai cen anos, e remataremos en Sada, na confeitería Del Valle, cuxos doces de Nadal foron inmortalizados por Ruth Matilda.

Atopar capítulo por: