CRTVG

Buscar

Galicia de 20 a 20

Etapa 3: Santiago - Muros

12/11/2022 19:15 h

Na terceira etapa comezaremos percorrendo as rúas de Santiago e buscando os lugares que Ruth inmortalizou hai cen anos. Como hai fotos que son difíciles de actualizar hoxe en día na cidade, visitaremos o Studio Variopinto para darlles un chisco de cor. Minia Banet bordará sobre algunhas das imaxes máis fermosas de Ruth en Santiago.

Continuaremos a viaxe cara Noia para facer unha exposición no día da feira con fotografías de Ruth e ver como de familiares lles resultan ás veciñas e veciño da vila. Tras recoller o noso posto, faremos unha parada en Esteiro para actualizar as fotografías de Ruth de mulleres levando algas na cabeza.

Para isto acompañaremos a Carmen Sánchez mentres recolle as algas coas que despois fará as deliciosas empanadas e pizzas de Galuriña. Darémoslle a puntada final a esta etapa en Muros cos descendentes da fonda de Petra, hospedaxe onde Ruth pasou varias semanas e sobre a que deixou moito escrito.

Atopar capítulo por: