Estache bo!
Estufado de faisán con castañas
Ingredientes:
• 1 faisán limpo en anacos • 1 cunca de cebola acaramelada • 1 culler de azucre moreno • 1/2 kg de castañas cocidas • 1 folla de loureiro • 2 dentes de allo • 2 noces de manteiga • 1 copa de coñac • 2 culleradas de vinagre balsámico • Fariña para rebozar • Sal e pementa • Aceite de oliva • Caldo de carne • 1 mazá • 1/2 ducia de patacas
Para o machucado: • A carcasa do faisán • O fígado do faisán • 1 rebanda de pan en anacos
Elaboración: Bonito é o faisán e bonita é a receita que nos curramos hoxe no estache bo! Nunha pota torramos ben o allo, o fígado e a rebanda de pan. Retiramos e machucamos xunto con perexil e un chisco de sal. Na mesma tarteira marcamos a carcasa, retiramos e incorporamos o faisán previamente salpementado e enfariñado. Incorporamos a copa de coñac e flamexamos. Engadimos a folla de loureiro, as patacas fritidas e o vinagre. Cubrimos con caldo de carne ou polo e cocemos uns 40 minutos. Embarcamos co machucado, as castañas cocidas e fervemos a lume medio 10 minutos máis. Empratamos. E listo para comer…!!!