Estache bo!
Estufado de boi
Ingredientes:
Para o estufado: Agulla de boi 1 cebola vermella en brunoise 2 dentes de allo 1 atado de herbas frescas 1 cullerada de pemento doce 1 cunca de tomate relado 1 culleradiña de fariña 1 cunca de viño tinto mencía 1 cunca de caldo de carne 2 culleradas de viño porto
Para as patacas e a guarnición: 1/2 kg de patacas novas pequenas 1 cunca de chícharos 1/2 cunca de viño branco 1/2 cunca de caldo de carne Allo e perexil
Elaboración:
Non tódolos días nos cae un anaco de boi na cociña para montar este estufado. Nunha tarteira rustrimos a cebola e o allo. Incorporamos a fariña, remexemos e engadimos o boi. A continuación botamos o viño, o tomate e as herbas aromáticas. Salpementamos e engadimos o caldo que precise para que coza todo xunto durante unha hora e 45 minutos. A parte friximos lixeiramente a pataca.. Engadimos o allo, o perexil, sal, pementa e unha cunca de viño. Deixamos evaporar o alcohol e cubrimos con caldo de carne. Cando a pataca estea case cocida, metemos os chícharos durante 5 minutos máis. Incorporámola á tarteira do boi, empratamos e listo para comer…!!!
Hoxe, o noso reporteiro recadeiro Rafa Durán visitará en Xunqueira de Ambía a Xosé, de Briugu Allariz, quen nos falará do produto estrela de hoxe: o boi de Allariz.