Documental
Estigma
04/05/2021 23:00 h
Non hai moito tempo que, en zonas remotas de Galicia, as familias agachaban aos fillos con problemas das miradas dos veciños para non ter que afrontar o terrible estigma da enfermidade mental. Hoxe, Anxiños segue a loitar para que nenos e adolescentes galegos con problemas de saúde mental poidan saír adiante. Para coñecer os problemas de saúde mental faremos unha viaxe con Ruth Gómez, "unha simple mestra" -como ela mesma se define- e descubriremos un proxecto innovador e un mundo de sufrimentos de familias e doentes que aínda hoxe seguen a padecer da incomprensión de toda a sociedade, do estigma que os acompañou dende sempre.