Momentos G
O mércores comeza "Do dereito e do revés", a nova serie da TVG
07/12/2019 14:00 h
Este mércores 11 de decembro, a Televisión de Galicia estrea "Do dereito e do revés", unha serie co cómico Víctor Fábregas como protagonista. Víctor interpreta nesta comedia familiar o avogado Ramón Patiño, e nós quixemos saber en que se parece a un avogado da vida real.