Estache bo!
Pescada gratinada con maionesa
28/12/2023 13:15 h
“Pescada gratinada con maionesa” é o prato que o noso gran chef, Iván Mariñas, nos vai preparar hoxe. En cada programa veremos novos consellos e trucos de índole culinaria para que a cociña deixe de ser unha dificultade para todos nós. Ademais, contamos coa presenza de Velusa Carvalho, a veciña do noso cociñeiro, que nos vai traer unha receita de aproveitamento.