Estache bo!
Arroz con champiñóns ao estilo "cajún"
13/03/2023 13:00 h
O noso chef Iván Mariñas vai elaborar un arroz con champiñóns ao estilo “cajún”. Durante o programa, Iván vai ir dando consellos e trucos de índole culinaria para que a cociña deixe de ser unha dificultade. Ademais contamos con Velusa Carvalho, a veciña do noso chef, que nos vai ensinar un novo rompemitos de Vanesa Taboada, a súa nutricionista de confianza.