Estache bo!
Chourizos crioulos ó viño
16/03/2023 13:00 h
O noso chef Iván Mariñas vai elaborar uns chourizos crioulos ó viño. Durante o programa, Iván vai ir dando consellos e trucos de índole culinaria para que a cociña deixe de ser unha dificultade. Ademais contamos con Velusa Carvalho, a veciña do noso chef, que nos vai ensinar unha receita de galletas para facer cos pequenos da casa.