Estache bo!
Congro con garavanzos e cogomelos
01/03/2023 13:00 h
O noso chef, Iván Mariñas, vai elaborar algo tan doado coma un congro con garavanzos e cogomelos. Durante o programa, Iván vai ir dando consellos e trucos de índole culinaria para que a cociña deixe de ser unha dificultade. Ademais contamos con Velusa Carvalho, a veciña do noso chef, que nos vai romper un mito sobre a dor de cabeza.