Estache bo!
"Nenos envoltos"
22/02/2023 13:00 h
O noso chef Iván Mariñas vai elaborar algo tan doado como uns "nenos envoltos". Durante o programa, Iván vai ir dando consellos e trucos de índole culinaria para que a cociña deixe de ser unha dificultade. Ademais contamos con Velusa Carvalho, a veciña do noso chef, que nos vai romper un mito sobre o peixe azul e as súas propiedades para a vista.